Mañá teño que entregar un traballo e facer unha presentación sobre un artista. Escollín a Zachary Lieberman porque realmente me parece un dos axentes importantes na revolución da arte que ta tendo lugar nesta época na que vivimos. Non tan só polo seu traballo como desenvolvedor de tecnoloxía, senón pola aplicación das súas ideas artísticas, tratadas con total desprexuízo propio dunha xeración ou duns axentes que xa teñen completamente asimilado como natural o uso da tecnoloxía.
Aquí vos deixo unha entrevista donde Zach desvela estas ideas, que aínda que non son revolucionarias pola súa novidade, si que son testigo dunha corrente e da forma de pensar que está arrastrando toda esta grande idea da cultura libre.
Los enlaces de el audio no funcionan.
Estuve viendo los vídeos que tiene éste artísta, y te hago unas preguntas Berio,
Crees que la tecnología y el arte marcan un cambio dentro de la historia? digo como un cambio en la percepción de los sentidos.
Y luego tengo una crítica, todo lo que se ve esta muy bien, muy sensorial pero porque cuidan tan poco la estética? es como cuando salieron las primeras páginas web y eran horrorosas, hasta que se comenzaron a dominar mejor las herramientas y cada vez las hay mejores... será solo cuestión de tiempo o basicamente como artísta no es un objetivo a cumplir?
Lo siento hoy me desperte con un espirítu polémico, jaja!
Jei Gisela,
Si que funcionan os audios, bueno, o link que dice "haz clic aquí para escuchar audio" non vai, pero si lle das ao link que sigue debaixo de respuesta, si que vai.
En canto á primeira pregunta, creo que tanto a historia e a arte son términos culturais, e definitivamente é a cultura coa que nos identificamos e na que participamos a que moldea a nosa percepción, xa sexa unha cultura na que só participan 10 usuarios dun foro, como si é unha cultura na que participan miles de cidadáns. Asimesmo creo definitivamente que a tecnoloxía marca moi profundamente a unha cultura, ata o punto de que clasificamos periodos e culturas dependendo da tecnoloxía que empregan: idade de pedra, bronce, etc... Polo tanto moldea a tecnoloxía a percepción?: si, xa que transforma á cultura dunha forma dramática e extructural, e ao transformar á cultura asimesmo transforma ás manifestacións artisticas e á historia. Sería un pouco inocente non asumir que as 10 horas diarias que pasamos diante do ordenador non teñen unha implicación radical tanto na nosa forma de entender o mundo como na dos 200 amigos do facebook.
En canto ao descuido estético, non creo en absoluto que sexa así si partimos de que existe a estética do descuido. É decir, un manexo máis virtuoso dunha tecnoloxía ou ferramenta non implica necesariamente un traballo mellor. Hai millóns de exemplos ao respecto, véxase punk versus música contemporánea, cine independiente versus hollywood, arte rupestre versus hiperrealismo. Asimesmo a idea romántica de que cando se empezaron a facer páxinas webs eran horribles, tampouco é certa en canto que é romántica e é unha ilusión. Dende que levo navegando en internet sempre recordo ver páxinas web impresionantes, non sei, venme agora á cabeza esta páxina web que ao abrila che saltaban millóns de pequeniñas ventas continuamente a modo de pop ups, creo que eran do colectivo 010100101010...
Zachary expresao moi ben na entrevista, cando di que o importante é a idea non a tecnoloxía que se empregue, o cal non quita que a tecnoloxía inflúa radicalmente na idea, o cal o leva no seu caso persoal a desenvolver os seus propios programas, coa idea de facer o que a el lle interesa e non o que lle interesa á tecnoloxía, retroalimentándose continuamente.
Bueno Gisela ahí che vai unha resposta ao teu comentario polémico.
Unha aperta.