Entrevista a mequetrefe na radio oceánica.
venres, 31 de agosto do 2007, por Berio Molina.

Este domingo entrevista a mequetrefe na radio oceánica.

Mequetrefe falará sobre a relación entre Pili Pampín e a gastronomía Italiana, explicará porqué cando lle entrou a razón perdeu o interese polo Real Madrid, porqué acaba de vender a mesa de mezclas que mercou hai uns poucos meses, porqué prefire poñerlle burbullas á voz no lugar da gaseosa, e porqué os pelos da lingua prefiren ubicarse no seu frondoso bigote en graciosa ceremonia.

Mequetrefe falará tamén do ep que veu de publicar hai un mes no netlabel alg-a, e das súas futuras creacións e concertos.

Podedes escoitar a entrevista en internet na seguinte ligazón (o domingo ás 10 da noite):

http://www.crtvg.es/reproductor/laterali.asp?canal=musica&arquivo=0

Ou ben sintonizar a Radio Galega Música.

A entrevista terá lugar o Domingo 2 de Septembro, en Radio Oceánica na Radio Galega Música ás 10 da noite.

Enviar comentario