Xosé Manuel Lens, vén publicando unha serie de entrevistas a axentes culturais galegos dentro do portal Culturagalega.org. En concreto trátase da sección Búmerang: Axentes, que parece a continuación doutra serie de entrevistas-búmerangs que levara a cabo con 30 creadores galegos.

Xosé Manuel comezou a publicar estas entrevistas a axentes dende finais do ano pasado, e xa conta coa opinión de xente da cultura (máis ben da arte contemporánea) como Manuel Segade, Silvia García, Xosé M. Buxán Bran, Manuel Olveira, David Barro ou Natalia Poncela entre outros.

Si queres saber que opinan os axentes da omnipresente e insustancial arte contemporánea (no noso caso a galega), estas entrevistas son a referencia.

Sobre Búmerangs: Axentes:
Entrevistamos os diversos axentes que forman parte de engrenaxe da arte contemporánea galega: historiadores, críticos, comisarios ou xestores que integran o mapa da teoría ou da reflexión da nosa produción actual. Son os que están detrás das exposicións, proxectos, estudos ou institucións.

Na imaxe, Silvia García.

Enviar comentario
Categorías
Berio Molina