Escif

Con antecedentes na pintura mural, o traballo deste artista valenciano enmárcase dentro dunha linguaxe urbana, articulado principalmente desde a recuperación e apropiación de espazos abandonados ou en desuso. Utiliza a ilustración como unha liña de pensamento a través da cal afrontar medos, reflexións, inquietudes e contradicións persoais.

Acostuma xogar con poucos elementos, ofrecendo un abanico de lecturas aberto á interpretación, pero sobre todo á experimentación da obra. A relación evidente entre as súas ilustracións e o escenario que as envolve, presenta unha primeira liña de apoio para o espectador que queira achegarse aos seus traballos. Os l entre experiencia e documento; realidade e espectáculo; presentación e representación; non son sempre tan evidentes.

Afastado do movemento grafiti de raíz a partir do uso dun código aberto, e pouco identificado co campo da ilustración convencional, consideradose o muro un soporte aparentemente pouco apropiado; O traballo de Escif atópase en terra de ninguén, entre os uns e os outros, coas vantaxes e os inconvenientes que isto implica. sente cómodo traballando nestas marxes e afronta que é aquí onde o seu traballo pode ter máis sentido.

email: escifxlf (at) gmail (dot) com
flirck Escif:http://www.flickr.com/photos/escif

Enviar un comentario -