Escoitar Gis plugin para SPIP
luns, 12 de marzo do 2007, por Berio Molina.

Hoxe publicamos un plugin que viñemos desenvolvendo estes últimos meses, dende o equipo de escoitar e co apoio de alg-a.org e vhplab.net.

Trátase do plugin chamado Gis Escoitar, que integra un googlemap dentro da arquitectura do CMS spip, o cal permite publicar calqueira información asociada a un mapa de google. Este plugin permite pois ubicar nun mapa calqueira información que vaia asociada a un artigo ou entrada da páxina, polo que é posible crear mapas de diversa índole, como por exemplo un mapa de paisaxes sonoras como sucede en escoitar, ou un mapa de fotos de edificios abandoados, etc...

Sen máis, deixovos unha ligazón á páxina da documentación do plugin, donde poderedes atopar máis información:

Gis Plugin Doc & Download

Un saúdo

Comentarios
13 de marzo do 2007 04:09

xenial ¡¡ paréceme unha idea con moitísimas posibilidades de aplicación para punkarrear con fluxos de información xerados na rede, que é o que se leva agora... para os legos na materia de programación danos un pouco de medo seguir as instruccións de instalación do plugin, pero entre que hai que ponerse e entre que para a próxima o faredes un pouco máis doado no problem... un sonoro bico pa escoitar,

13 de marzo do 2007 04:56, por berio

Si, a instalación é un pouco complicada para facelo a bote pronto, e hai que ter uns poucos coñecementos de Spip, que é o software no que está basado e que precisa estar instalado previamente para que funcione o plugin.

De todas formas, si se siguen as instruccións ó pe da letra non debería dar problema, e si o da, deixando un mensaxe no foro da documentación o intentaremos solucionar entre todos.

Moitas gracias polas túas palabras e seguimos dándolle!.

13 de marzo do 2007 14:19

Parabéns polo traballo!

.