Escoitar.org Paisaxismo sonoro
luns, 23 de outubro do 2006, por Berio Molina, longina.

Escoitar.org
Escoitar.org/documentación

Agún periodista coma (Manuel Gago) bautizou a este proxecto como a "banda sonora 2.0 de Galicia", e esta é precisamente a mellor maneira de definir un proxecto libre, aberto e colaborativo que ten como obxectivo ofrecer un servizo á cidadanía: escoitar os seus lugares e colaborar na clasificación do que para eles (nós) é patrimonio sonoro, unha parte do seu patrimonio cultural e inmaterial.

Os colectivos alg-a.org, sinsalaudio.org, vhplab.net e o clustersonoro artesonoro.org, son os responsables deste sistema (hack e máis mashup) que permite integrar Google Maps e o sistema de publicación de podcasts loudblog de modo que xeorreferencie os sons engadidos polos usuarios. Con este software preténdese crear un esceario onde os usuarios poidan construír as súas paisaxes sonoras galegas.

Escoitar.org preséntase en tres lenguaxes e defínese como:

Unha aproximación ao son dun lugar é unha aproximación ao seu patrimonio. Percibir, comprender e concibir a nosa identidade sonora, a dos nosos lugares e as nosas xentes, a súa coherencia e idiosincrasia, é un exercicio necesario e saudable. Escoitar.org é un proxecto de dinamización social aberto e libre cuxo obxectivo principal é a difusión e promoción do fenómeno sonoro e a súa exploración con fins sociais e documentais. Podes participar engadindo as tuas gravacións.

Un dos proxectos deste colectivo é a traducción de textos relacionados coa disciplina "Paisaxe sonora" que non ten unha versión en Galego ou Castelán

Algunhs detalles máis:

A obsesión occidental por favorecer os aspectos visuais da cultura provocou o menosprezo doutras capacidades perceptivas, como o oído, relegando a un segundo plano aquelas experiencias existenciais consideradas menos significativas, en gran parte, polo seu carácter efémero.

No obstante asistimos ó longo do século XX a un crecente interese polo fenómeno sonoro mais alá da música e da física acústica no que os sons medioambientais revélanse como un interesante obxecto de estudo interdisciplinario (antropoloxía, ecoloxía sonora, bioacústica, ciencias cognitivas, arquitectura, creación artística...)

Ben sexan naturais ou unha construcción producto do funcionamento das sociedades modernas, os sons que nos rodean forman parte inevitable das nosas vidas e da nosa memoria colectiva, presentándose como un material inestimable para a comprensión das culturas e as sociedades que os producen, os utilizan ou os perciben.

Unha aproximación ó son dun lugar é unha aproximación ó seu patrimonio inmaterial, que pode recollerse con fins estrictamente documentais, ou, no caso de “Escoitar”, como materia bruta para a posterior análise cultural e para suscitar debate e cooperación na rede. Expoñer son nunha instalación artística ou nun proxecto en rede é, en realidade, contar o “paso do tempo”, sincronizar a línea do tempo universal con ese momento e esa situación.

Os sons son materias non renovables e o feito de capturalos e expoñelos supón un alongamento da sua vida, xenerando novos espacios vivos e mutantes. Percibir, comprender e concebir a nosa identidade sonora, a dos nosos lugares, a sua coherencia e a sua idiosincrasia é un exercicio necesario e saludable.

O equipo Escoitar.org ofrece obradoiros nos que explica o funcionamento do software, fan limpeza de oído e ensinan a exercitar a escoita. Estes obradoiros teñen como obxectivo xerar nodos locais totalmente autónomos para o rexistro de paisaxes sonoras. Para máis información sobre este proxecto, sobre este tipo de obradoiros locais e sobre o desenvolvemento do software, creouse unha páxina de contacto.

PROXIMOS OBRADOIROS EN GALIZA (abertas as convocatorias para participar):

Pontevedra (outubro 2006):
xoves 26, venres 27, sábado 28 (sesións teóricas), domingo 29 (traballo de campo), Novembro 2006, xoves 2, venres 3, sábado 4 (presentación dos resultados no Congreso Artech2006)
Tfno. Cto: 670772523 (Fernando)

Vigo (novembro 2006):
xoves 9, venres 10 (sesións teóricas), sábado 11, domingo 12 (traballo de campo), luns 13, martes 14, mércores 15 (o xoves 16 presentación de resultados). Museo MARCO de Vigo.
Tfno. Cto: 986113900 (Museo Marco de Vigo)

Enviar comentario
Comentarios
20 de novembro do 2007 12:32, por croma

idus de marzal