escoitar.org no WFAE. México 2009

Megalópolis sonoras. Identidade cultural e sons en perigo de extinción.

O Foro Mundial de Ecoloxía Acústica, creado en 1973 en Canadá, é unha asociación internacional integrada por organismos e individuos interesados no estudo dos factores sociais, culturais e ecolóxicos que determinan o ambiente sonoro.
Desde a súa formación, o Foro Mundial de Ecoloxía Acústica foi crecendo ata converterse nun colectivo de 9 de afiliados en todo o mundo, incluíndo Canadá, Grecia, Australia, Reino Unido, Finlandia, Estados Unidos, profesionais alemáns, Xapón e agora México.
En marzo de 2009, a Fonoteca Nacional e Foro Mexicano de Ecoloxía Acústica terán a honra de acoller o próximo acontecemento importante para o Foro Mundial de Ecoloxía Acústica, concibido como un espazo académico que permita a reflexión sobre un tema pouco estudado e explorado en México: a ecoloxía acústica.
Co tema Megalópolis sonoras. Sons en perigo de extinción, A Fonoteca Nacional e o Foro Mundial de Ecoloxía Acústica México, 2009 invitan a investigadores, artistas sonoros, músicos e profesionais do son, a asistir ás conferencias, talleres, instalacións e presentacións de obras sonoras e audiovisuais, que serán realizadas por profesionais e artistas de 16 países, da comunidade mundial de ecoloxía acústica e paisaxe sonora.

MÉRCORES 25 DE MARZO.

19:30 - Concerto - "Alegorías do poder" - Pezas acusmáticas baseadas en sons en perigo de extinción de Galicia e Venezuela. Carlos Suárez compositor e etnomusicólogo, membro do Colectivo escoitar.org Galicia, España.
Lugar: Sala Murray Schafer da fonoteca nacional de México.

XOVES 26 DE MARZO.

13:00 - Conferencia - Fonotopías de Galicia. Rexistro e estudo de sons en perigo de extinción. Carlos Suárez compositor e etnomusicólogo, membro do Colectivo escoitar.org Galicia, España.

PROGRAMA COMPLETO

cncafnea08_mx_bg-2.jpg

Escoitar.org invitado ao foro mundial de ecoloxía acústica. Mexico 2009
Enviar comentario
Comentarios
14 de febreiro do 2009 03:19, por gisela

Hermoso sitio para ver y "escuchar" una cultura totalmente diferente!
Suerte que salga todo muy bien!

Categorías
Carlos Suárez