Escoitar.org vaise de xira polo norte de Galicia. As dúas primeiras cidades foron Ferrol e A Coruña, nestas cidades membros do Centro Coreográfico Galego bailaron paisaxes sonoras en colaboración co proxecto Escoitar.org, co que traballaron noutras ocasións.
"Concevidas como paisaxes sonoras para ser bailadas, CadraCoruña, CadraVigo e CadraFerrol son creacións que buscan expandir a escoita mergullándonos nun espazo cuadrafónico. Herdeiras da panauralidad de John Cage inciden no perfil acústico das cidades nas que conviven sons de moi diferente natureza.
Estas obras están realizadas a partir de gravacións de campo co fin de revelar a musicalidade dos trazos sonoros que acompañan os ciclos urbanos incentivando o noso coñecemento acústico do contorno inmediato a través dunha experiencia estética múltiple -son e danza- que evidencia a complexa realidade sonora desta cidade".
A PRÓXIMA CITA É ARTELEKU, EN GUIPUZKOA
ESCOITAR TAMÉN VIAXA A Venezuela EN AGOSTO, MÁIS NOTICIAS EN BREVE