Hoxe lanzamos unha publicación dobre especial entorno á creadora Inmaculada Cárdenas.
Por un lado publicamos o traballo "Concierto para esculturas sonoras" de Espacio Permeable (Lugo), un traballo de referencia na historia da arte sonora galega publicado orixinalmente en 1992 por Unió Músics, e por outro lado o traballo de Inmaculada Cárdenas titulado Música & Arquitectura orixinalmente publicado en 2001 por Unió Músics.

Estas duas publicacións do netlabel estarán completadas coa publicación dun traballo de investigación sobre o grupo Espacio Permeable levado a cabo por Juan Gil. Este texto será publicado por capítulos dada a súa extensión en contidos.

Esperamos que vos gusten, para nós é toda unha honra.

Espacio Permeable e Inmaculada Cárdenas no netlabel alg-a
alg048 - Espacio Permeable - Concerto para esculturas sonoras

Espacio Permeable e Inmaculada Cárdenas no netlabel alg-a
alg049 - Inmaculada Cárdenas - Música & Arquitectura

.