EspacioMenosuno
venres, 18 de xaneiro do 2008, por nela que.

EspacioMenosuno, preséntannos o dia 6 de Febreiro, unha exposición: Artistas Emerxentes de Brasil.
Como definir unha identidade artística nun país multicultural, con extensión territorial de máis de 8.5 millóns de km2 e unha poboación que excedeu os 180 millóns de habitantes? Cando falamos de Brasil, falamos de dimensións e de futuro, é dicir, de espazo e de tempo. Nada describe mellor o país que a súa amplitude, a súa diversidade e a súa mestura. A arte en Brasil nace contemporánea por definición, ten moi pouco compromiso co pasado xa que é un país moi novo. Non existe unha arte brasileira, pero si artistas brasileiros cos seus particulares poéticas. Posúe o artista brasileiro unha noción diferenciada do espazo polo feito de nacer nun país tan grande? Expoñen nesta exposición un pequeno panorama de artistas emerxentes brasileiros que traballan co espazo en distintos sentidos do termo, e esperan iniciar así unha canle de dialogo entre artistas, comisarios e publico en xeral de Brasil e de España. Reuniron para esta mostra aos artistas: Alex Cabral, Marcel Fernandes, Mai Fujimoto, Camille Kachani, Nelson Logullo, André Malinski, Marga Puntel, Marcela Tiboni, Geraldo Zamproni, Camilo Faleiros e Marcel Hakime. Deixan así aberta unha porta para o dialogo entre artistas, críticos e publico de ambos países. Marlon de Azambuja e Bianca Rocha / comisarios da mostra, dous artistas brasileiros mozos, de traxectoria moi intensa tanto en Brasil como en Españas.
La artista Marcela Tiboni publicará no videolabel alg-a o próximo mes.

Sitio web: http://espacio.menos1.com
videos de accións: http://www.youtube.com/espaciomenosuno

.