Estamparse contra un cadro
luns, 7 de febreiro do 2011, por isaac-cordal.

Mediante a tecnoloxía street view, Google achéganos a algúns dos Museos máis importantes do mundo. Este novo proxecto denomínase Googleartproject foi presentado o pasado 1 de Febreiro. As imaxes, son en altísima resolución (Gigapixels), desvélannos detalles que dificilmente poderían ser observados in situ. Esta contemplación virtual fai zoom no que a primeira ollada se nos escaparía. Tamén podemos contemplar a disposición das obras no espazo "real" e a súa navegabilidade é realmente impactante (aínda que a mín maréame bastante). A web ofrece información complementaría do artista e outros enlaces ás súas obras en Googleartproject.

O usuario/espectador pode rexistrarse na web e facer a súa propia colección de Arte: porcións de cadros ampliados, cadros enteiros ou salas, e compartilo cos teus queridos amigos. Un novo tipo de coleccionismo (aínda que eu prefiro o de Herb&Dorothy) . Iso si, o copyright, pertence obviamente ao Museo e as imaxes aumentadas a Google.

Términos de uso.

Creo que cando visitemos estes 17 Museos imos botar moito de menos esta flotabilidad polo espazo. Vai ser difícil non estamparse contra algúns destes cadros.

Press release

Museos escaneados: Altes Nationalgalerie, The Freer Gallery of Art Smithsonian, National Gallery (London), The Frick Collection, Gemäldegalerie, The Metropolitan Museum of Art, MoMA, Museo Reina Sofia, Museo Thyseen - Bornemisza, Museum Kampa, Palace of Versailles, Rijksmuseum, The State Hermitage Museum, State Tretyakov Gallery, Tate, Uffizi and Van Gogh Museum.

.