Etsy.com
luns, 8 de xuño do 2009, por Asintomatic.

Etsy é unha tenda online que pon a disposición dos artesáns un espazo para vender os seus produtos feitos a man (arte, roupa, fotografía,manualidades ,xoguetes..),mediante o pago dunha simbólica cantidade económica mensual por participar. Etsy e moi parecido a Ebay coa única diferenza de que esta plataforma trata de favorecer a compra de produtos artesanais.

Nestes derradeiros anos gracias o uso do boca a boca e os blogs personais estase convertendo en todo un fenómeno na Internet. Ademais, esta tenda segue tódolos principios da chamada web 2.0 o que a fai moi atractiva e sinxela de usar.

Este proxecto foi creado fai uns cantos anos por un grupo de amigos en NYC e tamén ofrece obradoiros "offline" abertos o público onde un pode volverse un experto no D.I.Y. ( Do it yourself).
Aínda que toda a páxina esta en inglés, pódese atopar moita información de Etsy en castelán neste blog.

Enviar comentario
Categorías
Asintomatic