Expo-concurso fotográfico
martes, 9 de xaneiro do 2007, por Jevira.
categorías: Convocatorias

Retrata as agresións urbanísticas, vivendas abandoadas
ou urbanizacións ilegais en Vigo e bisbarra. Envia as túas fotos co teu nome, dados do lugar e data onde tirache a foto aos Centros Sociais: "A Cova dos Ratos" (Romil 3 baixo) ou "Revolta" (Rúa Real 32 baixo),

Axúdanos a denunciar gráficamente a especulación no noso municipio, rebelémonos contra ela, contra as actuais políticas de solo e contra un modelo urbanístico que só beneficia aos intereses inmobiliarios.

No mes de marzo entregaremos o premio (un tixolo para que comences a construir o teu dereito á vivenda e un exemplar do libro "El tsunami urbanizador español y mundial" de Ramón Fdez. Durán).

No mes de marzo ademais exporemos todas as fotos
nos Centros Sociais "Revolta" e "A Cova dos Ratos"

precarias en loita é unha asemblea aberta na que participan persoas próximas aos centros sociais de Vigo: "A Cova dos Ratos" e "Revolta", así como da A.X. Luar o G.A.S. e persoas doutros movementos de base locais. A finalidade da mesma é procurar xeitos de denuncia e resistencia fronte á precariedade laboral e social do sistema produtivo imperante.

- Contacto: precariasvigo(arroba)gmail.com

Enviar comentario
Categorías
Jevira