Exposición " La juventud Baila"
xoves, 18 de setembro do 2008, por Asintomatic.

O galegoPablo Perez Sanmartin presenta o seu ultimo traballo " La juventud Baila" en Caixa Baleares.
Esta exposición ahonda no feito de "ser mozo" no marco da chamada "sociedade do benestar", así como nesa idea vinculada á maquinaria do tardocapitalismo de mocidade como valor en se mesmo, como obxecto de consumo e moeda de cambio, preguntándose que hai máis aló desta noción cultural e que tipo de futuro pódese deducir a partir dese presente inmediato que parece querer colisionar na pista de Baile.

Como forma de reflectir e recrearse nesa poética da inmediatez, a exposición " La juventud Baila" adopta a estrutura e características propias dunha canción Pop: Frescura, inmediatez, sensualidad e crúa sinceridade, encarnándose de xeito simbólico en forma de coloristas e truculentos globos de cores. Así, no mesmo estribillo, estrofas de cancións por todos coñecidas mestúranse con neones, rótulos luminosos e imaginería publicitaria, videojuegos, e restos procedentes de todas esas "all tomorrow parties" e imaxes de performers noctámbulos que executan coreografías colectivas ao bordo dun abismo iluminado por luces de cores, creando unha amalgama que nos traslada a unha dimensión clásica de vánitas posmoderno, creada a partir dunha experiencia multidisciplinar que abarca vídeo, instalación e debuxo de gran formato.

Exposicion do 19 de septembro o 21 de Octubro de 2008.
Obra Social de "SA NOSTRA" Caixa de Baleares
c/concepcio 12 de Palma de Mallorca

Enviar comentario
Categorías
Asintomatic