A tecnoloxía ás veces fainos a vida máis sinxela, e ás veces complícanola. Para as persoas con minusvalías, pode ser unha fonte de frustracións, xa que ás veces pon máis en evidencia as súas carencias. No entanto, usada con sensibilidade, a tecnoloxía pode ser unha ferramenta crave para paliar as súas dificultades á hora de realizar certas actividades.
No caso dunha parálise física, o cerebro funciona pero o corpo non responde. Como pode un graffiteiro prostrado en cama con esclerose amiotrófica lateral, unha enfermidade que degenera as neuronas motoras, continuar facendo a súa arte cando non pode mover as súas extremidades? Como na historia real de Jean-Dominique Bauby, levada ao cinema por Julian Schnabel na película "A escafandra e a bolboreta", os ollos poden ser o vehículo de expresión e liberación dos que están atrapados no seu corpo.
Na intersección da arte, o open source e a guerrilla, un grupo de hackers e artistas propúxose que un lendario graffiteiro dos Angeles, Tony Quan, tamén coñecido como Tempt One, puidese continuar realizando o seu traballo utilizando os seus ollos. EyeWriter é o nome do proxecto de código libre que puxeron en marcha con este fin membros dos colectivos Free Art and Technology (FAT), OpenFrameworks, Grafiti Research Lab e The Ebeling Group.
EyeWriter está composto por tres elementos. O primeiro, as lentes nas que vai montada o hardware para rexistrar os movementos oculares, que está feita cunha cámara ocular e LEDs case infrarojos para iluminar o ollo e facer así a pupila máis fácil de seguir. O segundo é o software que capta os movementos da pupila e represéntaos como posicións nun plano. O terceiro compoñente é o software que debuxa, manipula e cambia a aparencia de obxectos a través dun interfaz baseado en tempo que responde ás ordes do ollo.
A páxina web do proxecto ten instrucións para montar o hardware por uns 50 dólares, así como tamén ofrece a descarga do software para que aqueles interesados poidan sumarse á iniciativa.
Grazas a EyeWriter, e á inventiva deste colectivo, Tempt One proxectou os seus grafitis en Viena e Tokyo, coa intención de concienciar á xente sobre a súa enfermidade, avogar pola reforma sanitaria en Estados Unidos e axudar a outros que estean na súa situación
The Eyewriter from Evan Roth on Vimeo.
via: thetrendnet