Xa están á venda as entradas para o concerto dos míticos YOUNG MARBLE GIANTS, que voltan aos escenarios case trinta anos despois de entrar na historia da música popular contemporánea co insólito Colossal Youth (Rough Trade, 1980). Os galeses pechan a nosa programación de primavera no Teatro do Centro Cultural Caixanova (Vigo), un espazo con aforo para máis de 1.000 persoas, o vindeiro xoves 29 de maio a partir das 21.30 horas. As entradas, ao prezo de 15 euros, un 50% menos para os membros da comunidade universitaria de Vigo, están ao dispor de calquera na billeteira electrónica de Caixanova (www.caixanova.es) ou no teléfono 902 504 500. Tamén se pode acceder co abono xeral da estación, á venda dende o pasado mes de abril ao prezo de 20 euros.
Lugar: Teatro do Centro Cultural Caixanova | Vigo
Data: Xoves 29 de maio
Hora: 21.30h
Entrada: 15 euros
Antes, o luns 26 de maio, noTeatro Ensalle, a partir das 20.30 horas, cita con unha das novidades desta sexta edición do festival. En colaboración co Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) proxectamos o filme documental MY NAME IS ALBERT AYLER, un traballo do sueco Kasper Collins sobre esta lenda do free jazz. Na mesma sesión, concerto a cargo do guitarrista francés MICHEL HENRITZI e o violinista nipón RINJI FUKUOKA coa participación tamén do galego MIGUEL PRADO. As entradas, ao prezo de 6 euros, co mesmo desconto do 50% para a comunidade universitaria, pódense adquirir no propio Teatro Ensalle unha hora antes da sesión. Tamén se pode acceder co Abono Primavera.
Lugar: Teatro Ensalle | Vigo
Data: Luns 26 de maio
Hora: 20.30h
Entrada: 6 euros
Máis info en sinsalaudio.org
Visita tamén o canal de SINSALaudio en Youtube