SHELLAC CHEGAN O 26 DE MAIO POR PRIMEIRA VEZ A GALICIA
SHELLAC+MISSION OF BURMA
Shellac e Mission of Burma xuntos, rock sen concesións PARA INAUGURAR A SALA MONDO PARA O FESTIVAL SINSAL.
26 de maio SALA MONDO, Vigo. 21:30h, 15€.
ENTRADAS EN SERVINOVA
Shellac y Mission of Burma juntos, rock sin concesiones PARA INAUGURAR LA SALA MONDO PARA EL FESTIVAL SINSAL.
Shellac pode editar un disco en calquera momento entre agora e o futuro, Shellac pode tocar preto da túa casa en calquera momento e baixo calquera premisa, como os tremores nunca se sabe onde pode acontecer. Shellac non é unha banda, é unha explosión espontánea de rock. Steve Albini e Bob Weston son produtores e enxeñeiros de son ademais de músicos, os dous colaboraron no In Utero de Nirvana, a nónima de artistas e bandas que teñen pasado polas súas mans é interminable, The Stooges, Mogwai, Pixies, Sebadoh, PJ Harvey, Low, Joanna Newson, Jarvis Cocker... Steve Albini é hoxe un dos produtores de máis renome a nivel internacional, en Shellac encárgase da guitarra e das voces, Bob Weston é o baixista e Todd Trainer o batería, ademais de rexentar un bar en Minneapolis.
Non valen os rodeos con Shellac, son a última banda de rock, sen promo, a penas entrevistas, sen nada entre eles e a audiencia alén das mil copias en vinilo que sacan de cada disco e claro, as descargas. Non vas atopar a Shellac na túa tenda de discos habitual, non vas a atopar a Shellac no Spotify por máis que premas intro unha e outra vez, non, non vas ver un vídeo de Shellac na túa vida.
Con medios de gravación analóxicos, facendo en directo en estudio todo o que sexa posible, Shellac ofrécese en cru, a guitarra, o baixo e a batería sonan a verdade, sen filtrar. O camiño entre Shellac e a audiencia é o máis curto posible, e é así dende que comezaran a tocar no 1992, case vinte anos de carreira nos que levan facturados catro discos de rock rotundo, guitarras nerviosas e ritmos rotos. Como en The End of Radio, tocan para unha humanidade devastada nunha radio sen oíntes, así é Shellac, os últimos predicadores da mensaxe do rock.
Abrindo a noite estarán Mission of Burma, a banda post-punk de Boston formada no 1979 que foi reinventada xa na século XXI por varios dos membros orixinais e Bob Weston. Mission of Burma responde case á perfección á imaxe de grupo de culto, a súa sona non deixou de medrar nos anos posteriores á súa desaparición, convertíndose nunha referencia habitual para grupos fundamentais dos noventa coma Sonic Youth, Pearl Jam, Fugazi, Nirvana ou REM, o que dá conta da variedade de estilos cos que traballaba a banda, entre o lírico e o ruído. É na súa reaparición que a súa carreira despega con tres albums de estudio, deixando atrás o solitario disco dos seus inicios e reinventándose como poucos teñen sido capaces.