Feira Imaxinaria Contemporánea 2014
luns, 11 de agosto do 2014, por madamme.

Feira Imaxinaria 2014 xorde como espazo de debate, construcción e coñecemento en torno a #Redes analóxicas e dixitais, tecnoloxías colaborativas libres e protocolos abertos cos que imaxinar e avanzar cara a novas realidades e culturas colectivas. Baixo o concepto de feira tradicional, Feira Imaxinaria concentrará colectivos e proxectos relacionados coas Economías Alternativas, os Sistemas de Información, as Novas Territorialidades, as Artes Interactivas e outros Modelos de Institución. Durante tres días a feira desenvolverase através de obradoiros-workshop, palestras, debates e presentacións, postos de venda ou informativos, instalacións e performances. Consulta o programa con todas as propostas e participa colaborativamente no desenvolvemento do evento inscribíndote através dos formularios.

Enviar comentario