Feira Imaxinaria Contemporánea 2015
luns, 17 de agosto do 2015, por madamme.

Seguemos a laborar na construción dun encontro, en torno á Cultura Libre na Galiza, que dé cabida ás temáticas e problemáticas nas que se envolve a cultura no S.XXI; que aporta a Sociedade da Información, os novos media, os entornos dixitais de interacción e participación á xestión e re-produción das culturas? Podemos ir alén dun capitalismo destes medios cara unha reapropiación social dos mesmos e un empoderamento dos pobos e a(s) súa(s) memoria(s) singular(es)? Adicamos Feira Imaxinaria 2015 á reflexión sobre o #coñecemento pensando no seu artellamento; entre o popular e o académico, entre a cidadanía e a aldeanía, entre o rigor e o obxectivismo científico e a creación sub-liminal de imaxinarios. Dende xa podes inscribirte nas diferentes áreas e propoñer a túa actividade! TODA A INFO en: http://feira.imaxinaria.org

Enviar comentario