A ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) organiza para Sábado 10 de Abril en Santiago de Compostela unha feira e un xantar agroecolóxico pola soberanía alimentar e contra os transxénicos. Estes actos enmárcanse na Semana Estatal de Luita Contra os Transxénicos convocada por Plataforma Rural e Greenpeace, que concluirá 17 de Abril cunha manifestación estatal antitransxénicos en Madrid.

A Feira será de 10:00 a 14:00 horas na Praza do Toral. Nela haberá postos de produtos agroecolóxicos locais e de asociacións que traballan pola soberanía alimentar dos pobos.

O Xantar será oferecido ás 14:30 pola asociación de labreg@s Lentura no local da Troita Armada (Rúa do Pombal 18) cun prezo aproximado por persoa de 12 €. Para o xantar cumpre apontarse no enderezo-e info(a)soberaniaalimentar.info até 6 de Abril indicando se se prefer menu vexetariano ou se se padece algunha intolerancia alimentar.

— 
Xosé Maria Garcia Villaverde
Coordenador Técnico da ISAP
644 394 313
http://soberaniaalimentar.info


coordenacion mailing list
coordenacion@galizasentransxenicos.org
http://galizasentransxenicos.org/mailman/listinfo/coordenacion_galizasentransxenicos.org

 Feira e Xantar pola Soberanía Alimentar e Contra os Transxénicos
Enviar comentario
Categorías
Antía