O vindeiro Sábado 11 de outubro, o laboratorio alg-a fara unha festa solidaria-recadación de fondos para o equipamento do lab.
A festa comezará ás 12 do mediodía cunha sesión vermú donde se farán varias actuacións. Logo seguiralle o xantar e máis actuacións ata a noite, cando cerraremos a festa cunha sesión de micro aberto con O Puto Coke como convidado.
Aquí vos queda o programa máis en detalle (este poderá sufrir modificacións):
TOXOS E ALG-AS
Xornada Popular e solidaria a prol do Laboratorio Cultural Alg-a.org
12:00:
Sesión Vermú:
Chisco (Fiadeiro) + Davide Salvado
Cantareiras de Valadares + Regueifeiro local
Micro aberto
14:00
Xantar popular
17:00
Pepa & Davide + Madamme Cell (Cabaret ElectroTrad)
18:30
Madamme Cell + Sr. Pause (video-escapismo en tempo real)
19:30
Petra Coomans + Ivan Gulin Porto + Nela Que (visuais)
21:00
Mr. Carácter (blues /rock)
22:30
Micro aberto.
Puto Coke + AID (artistas convidados).
Máis actuacións de Tamén Fernando Abreu + Pablo Carrera (2us) e Cesar o home orquesta, nalgún momento do día.
*...e ademais, calquera outro tipo de manifestación cultural espontánea.
**Haberá actividades para os rapaces ó longo da tarde.
Os cartos que gastedes comendo e bebendo, así como os donativos voluntarios polas actuacións, serán invertidos na equipación e instalación do novo laboratorio de creación cultural alg-a, o alg-a lab.
Este laboratorio estará destinado a obradoiros de todo tipo e eventos artísticos, nos que tod@s os veciños sodes benvidos.
Alg-a.org é un colectivo e asociación cultural sen ánimo de lucro que leva
traballando dende o 2003.
Para chegar ao Lab, mirade aquí.
boas, marcho agora pero igual era boa idea poñer enlace na nova de como chegar ó, berio, non fixeras un artigo específico? bicos ...xa o colguei en vigotroca.antia