Festival Collision 2008
xoves, 11 de setembro do 2008, por isaac-cordal.

Festival Collision 2008
11-12-13 de Setembro.

Hoxe comeza o Festival Collision 2008 en Pechkam, Londres no espacio Area10 Project Space.

Festival de Arte, Son, Imaxe en movemento e Performance, que faise dende o ano 2006 organizado por artistas de distintas disciplinas.

Como algúns de vós sabedes este ano vou estar pola capital británica estudando un MA de Arte Dixital na Camberwell School of Arts of London. O Festival Collision 2008 realizase cerca da Universidade e conta coa participación dalgúns estudantes de Camberwell.

Pechkam ten un encanto especial, no Sur de Londres e con moita vida e colorido, a pesar de que o azul do ceo esfumouse da paleta vital de cores. Onte tivemos unha charla da xente que coordina un espazo chamado Peckhamspace, que fomenta novos usos do espazo público e o achegamento o Arte por medio da participación social. Teñen un canal de Tv coas súas actividades. Un proxecto moi interesante que leva en funcionamento dende Xuño do presente ano.

Mañá vou tentar ir o Festival Collision e así subir unha crónica do que alí aconteza. Mentres tanto que sirva este post para mandar saúdos a tod@s os organismos alg-a en Galicia e os demais espallados polo mundo adiante.

Comentarios
11 de setembro do 2008 12:27, por nela

se te nota instalado ya,... jejejee....

Te echamos de menos IS...
bicos.........

13 de setembro do 2008 14:03, por Berio

Isaquiño Isaquiño, mándanos esa crónica ou senón imos ter que ir ahí a ver que fas. Pispín

.