Festival Intr:Muros
martes, 30 de xuño do 2009, por Isaac Cordal.
categorías: Axenda, Festivais, Net audio, Son

INTR:MUROS é un Festival de Arte Sonora e Multimedia que terá lugar no entorno de La Cartuja de Cazalla (Mosteiro Cartujo situado en Cazalla de la Sierra , Sevilla), durante os días 3 e 4 de xullo de 2009 . Escollemos La Cartuja de Cazalla para a celebración deste festival por ser un recuncho cargado de historia que quere seguir facendo historia. Por estar situado dentro dun marco natural de beleza inigualable. Por ser un lugar propicio para a meditación, a calma e o acougo , bondades que o caracterizaron desde a súa fundación como mosteiro cartujo no século XV. Porque La Cartuja é SILENCIO, elemento fundamental das correntes sonoras polas que transita este festival . E, para rematar, porque a arte sonora invita á reflexión telúrica , á concentración auditiva , e a escóitaa creativa e sosegada . Por todo isto e máis que mellor lugar que a Cartuxa de Cazalla para gozar das aventuras acústicas que vos propomos?

ARTISTAS CONFIRMADOS:
JODI CAVE (UK, 12K) PAULO RAPOSO (PORTUGAL, SIRR-ECORDS) SAVERIO EVANGELISTA + FEDERICO SPINI (ITALIA-GEOMETRIK) ARBOL (ESPAÑA, EMILII RECORDS, LEJOS DISCOS) D-FRIED + SANDRA G. (ESPAÑA, EMILII RECORDS/ PHONOCAKE / BCNESS) JUAN MANUEL CIDRON (ESPAÑA, EXTRARRADIO, ROTOR) TENSION CO. + PACO SECO (ESPAÑA, NETLABEL TECNONUCLEO) VISUALES DE TENSION CO. POR JVH2Ó (BERLÍN-SEVILLA). “David j Fonseca” + ANA YACOBI (ESPAÑA, NETLABEL ALG-A+TECNONUCLEO) + Mesa redonda na cal participarán algúns dos músicos arriba citados, e que estará dirixida por D. Andrés Noarbe (Geometrik Records / Rotor / A casa Acesa) (Madrid), e cuxo tema a debater será "A MUSICA BASEADA NO SON".

Festival Intr:Muros
Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal