CONFIRMACIÓNS DO PRIMEIRO SEMESTRE DO FESTIVAL SINSAL OITO.

Presentamos a continuación o que será o primeiro semestre do Festival SINSAL OITO, á espera da posible confirmación de máis propostas. Este ano contaremos con novidades que afectan á que vén sendo a programación habitual do festival, coa introducción dun novo formato ao que chamaremos SINSAL INSÓLITOS, concertos de pequeno formato en espacios singulares da cidade de Vigo, para pequenas audiencias. Na seguinte listaxe, na que cos grupos confirmados aínda quedan detalles por definir, pódense ver as que serán algunhas das propostas que terán cabida neste novo formato. Volveremos intentar programar na Illa de San Simón tras o intento finalmente frustrado de facelo o ano pasado. Alén disto, presentamos tamén as actuacións principais, para as que nalgúns casos aínda queda por definir o espacio, pero que xa están confirmadas. Unha vez máis a nosa pretensión é a de achegar a Galicia o que consideramos máis interesante dentro da oferta actual do panorama internacional.

Moitas grazas.

Sinsal audio

Presentamos a continuación lo que será el primer semestre del Festival SINSAL OITO, a la espera de la posible confirmación de más propuestas. Este año contaremos con novedades que afectan a la que viene siendo la programación habitual del festival, con la introducción de un nuevo formato al que llamaremos SINSAL INSÓLITOS, conciertos de pequeño formato en espacios singulares de la ciudad de Vigo, para pequeñas audiencias. En la siguiente lista, en la que con los grupos confirmados aún quedan detalles por definir, se pueden ver algunas de las propuestas que tendrán cabida en este nuevo formato. Volveremos a intentar programar en la Isla de San Simón tras el intento finalmente frustrado de hacerlo el año pasado. Más allá de esto, presentamos también las actuaciones principales, para las que en algunos casos aún queda por definir el espacio, pero que ya están confirmadas. Una vez más nuestra pretensión es la de acercar a Galicia lo que consideramos más interesante dentro de la oferta actual del panorama internacional.

Muchas gracias.

MONO + JOE Mc PHEE & CHRIS CORSANO

11 de marzo. Salón Teatro, Santiago.

Orquestra rock xaponesa, Mono constrúe muros de son inmensos, os seus in crescendo memorables achégaos ao rock progresivo, os seus camiños entre o silencio e o ruído son levados con mestría e dramatismo. Mono é unha banda madura capaz de levar o rock cara novas fronteiras.

Saxofonista e percusionista respectivamente, estes dous músicos con traxectorias e escolas tan distintas xúntanse para producir unha das colaboracións máis aplaudidas do free-jazz contemporáneo.

Orquesta rock japonesa, Mono construye muros de sonido inmensos, sus in crescendo memorables los acerca al rock progresivo, sus caminos entre el silencio y el ruido son llevados con maestría y dramatismo. Mono es una banda madura capaz de llevar el rock hacia nuevas fronteras.

Soxofonista y percusionista respectivamente, estos dos músicos con trayectorias y escuelas tan distintas se juntan para producir una de las colaboraciones más aplaudidas del free-jazz contemporáneo.

LISA GERMANO (USA) + PHILIP SELWAY from Radiohead (UK)

8 de abril. Salón Sinsal, Vigo.

Lisa Germano e Philip Selway embárcanse xuntos nunha xira presentando as súas novas cancións, Lisa Germano presenta o seu novo álbum, Magic Neighbor, e Philip Selway adianta o que será o seu debut este ano como solista, aínda sen título. Esta xira conxunta, na que estarán acompañados polo baixista Sebastian Steinberg, vén precedida pola súa participación nas dúas edicións do disco 7 Worl Collides, proxecto de carácter benéfico de Neil Finn xunto a outros músicos como Jeff Tweedy, Eddie Vedder ou Johnny Marr.

Lisa Germano y Philip Selway se embarcan juntos en una gira presentando sus nuevas canciones, Lisa Germano presenta su nuevo álbum, Magic Neighbor, y Philip Selway adelanta lo que será su debut este año como solista, aún sin título. Esta gira conjunta, en la que estarán acompañados por el bajista Sebastian Steinberg, viene precedidad por su participación en las dos ediciones del disco 7 World Collides, proyecto de carácter benéfico de Neil Finn junto a otros músicos como Jeff Tweedy, Eddie Vedder o Johnny Marr.

SUNBURNED HAND OF THE MAN + EMERALDS

18 de abril. Salón Sinsal, MARCO, Vigo.

O New Weird America, a rehabilitación do folk no século XXI, máis que unha etiqueta é un caixón de xastre, un lugar onde botar a aquelas bandas que por complexas, heterodoxas, rechamantes ou directamente desquiciadas parecen non encaixar en ningures. Sunburned Hand of the Man poden pertencer a este último grupo, o único certo con eles é que non hai por onde collelos, folk, experimentación, free-jazz, ruidismo, política, relixión, como se algo quedara pendurado entre o situacionismo e a playstation.

Emeralds son unha experiencia en si mesmos, unha banda capaz de levar o drone até onde nunca chegara. Sonan a metal, si, pero tamén a psicodelia, a krautrock ou a minimalismo.

El New Weird America, la rehabilitación del folk en el siglo XXI, más que una etiqueta es un cajón de sastre, un lugar donde echar a aquellas bandas que por complejas, heterodoxas, llamativas o directamente desquiciadas parecen no encajar en ninguna parte. Sunburned Hand of the Man pueden pertenecer a este último grupo, lo único cierto con ellos es que no hay por donde cogerlos, folk, experimentación, free-jazz, ruidismo, política, religión, co si algo se quedara colgado entre el situacio9nismo y la playstation.

Emeralds son una experiencia en sí mismos, una banda capaz de llevar el drone hasta donde nunca había llegado. Suenan a metal, sí, pero también a psicodelia, a krautrock o a minimalismo.

JUANA MOLINA

29 de abril. Salón Teatro, Santiago.

As melodías de Juana Molina transitan entre a guitarra e a electrónica, a súa carreira tende desde os inicios cara o acústico e o orgánico. Os seus directos son un auténtico work in progress nos que axudándose de pedais as cancións van crecendo ante o público.

Las melodías de Juana Molina transitan entre la guitarra y la electrónica, su carrera tiende desde los inicios hacia lo acústico y lo orgánico. Sus directos sun un auténtico work in progress en los que ayudándose de pedales las canciones van creciendo ante el público.

ONEOHTRIX POINT NEVER

23 de abril. Sinsal INSÓLITOS, Vigo.

A música sintética coñeceu momentos mellores, naceu nos laboratorios, emparentouse co pop vía cinematográfica e acabou enchendo as pistas de baile de medio mundo. Oneohtrix Point Never, alias de Daniel Lopatin, constrúe cancións amplas, como discursos siderais que medran abríndose paso a través de longas intros compostas de loops e vibracións que parecen non abrirse nunca.

La música sintética ha conocido momentos mejores, nació en los laboratorios, se emparentó con el pop vía cinematográfica y acabó llenando las pistas de baile de medio mundo. Oneohtrix Point Never, alias de Daniel Lopatin, construye canciones amplias, como discursos siderales que crecen abriéndose paso a través de largas intros compuestas de loops y vibraciones que parecen no abrirse nunca.

VASHTI BUNYAN

12 de maio. Salón Teatro, Santiago.

No 1970 edítase o que será o seu primeiro álbum, Just Another Diamond Day, sen sorte na venta e pronto descatalogado. Pasa os seguintes trinta anos vivindo no anonimato da súa familia mentres o seu disco vai pasando de man en man, medrando aos poucos e ás súas costas até que chega o ano 2000 e unha nova xeración de músicos interesados no folk o revitaliza. Convírtese na artista de culto de referencia para xente como Devendra Banhart ou Joanna Newsom.

En el 1970 se edita el que será su primer álbum, Just Another Diamond Day, sins suerte en la venta y pronto descatalogado. Pasa los sigiuientes treinta años viviendo en el anonimato de su familia mientras su disco va pasando de mano en mano, creciendo poco a poco y a sus espaldas hasta que llega el año 2000 y una nueva generación de músicos interesados en el folk lo revitaliza. Se conviertte en la artista de culto de referencia para gente como Devendra Banhart o Joanna Newsom.

SHELLAC

Maio, Vigo.

Shellac pode editar un disco en calquera momento entre agora e o futuro, Shellac pode tocar preto da túa casa en calquera momento e baixo calquera premisa, como os tremores nunca se sabe onde pode acontecer. Shellac non é unha banda, é unha explosión espontánea de rock. Steve Albini e Bob Weston son produtores e enxeñeiros de son ademais de músicos, os dous colaboraron no In Utero de Nirvana, a nónima de artistas e bandas que teñen pasado polas súas mans é interminable, The Stooges, Mogwai, Pixies, Sebadoh, PJ Harvey, Low, Joanna Newson, Jarvis Cocker... Steve Albini é hoxe un dos produtores de máis renome a nivel internacional, en Shellac encárgase da guitarra e das voces, Bob Weston é o baixista e Todd Trainer o batería, ademais de rexentar un bar en Minneapolis.

Shellac puede editar un disco en cualquier momento entre ahora y el futuro, Shellac puede tocar cerca de tu casa en cualquier momento y bajo cualquier premisa, como los temblores nunca se sabe donde puede suceder. Shellac no es una banda, es una explosión espontánea de rock. Steve Albini y Bob Weston son productores e ingenieros de sonido además de músicos, los dos colaboraron en el In Utero de Nirvana, la nómina de artistas que han pasado por sus manos es interminable, The Stooges, Mogwai, Pixies, Sebadoh, PJ Harvey, Low, Joanna Newson, Jarvis Cocker... Steve Albini es hoy uno de los productores de más renombre a nivel internacional, en Shellac se encarga de la guitarra y de las voces, Bob Weston es el bajista y Todd Trainer el batería, además de regentar un bar en Minneapolis.

OREN AMBARCHI + MIGUEL PRADO

Xullo, Vigo.

O Festival Sinsal OITO ofrecerá unha colaboración inédita entre os músicos Oren Ambarchi e Miguel Prado, australiano de orixe sefardí e coruñés respectivamente. Oren Ambarchi é un guitarrista e percusionista que comeza na música a mediados dos oitenta e que leva toda a súa carreira como músico e compositor trascendendo a relación entre a música, o intérprete e o público, empurrando os límites do son e do seu discurso.

El Festival Sinsal OITO ofrecerá una colaboración inédita entre los músicos Oren Ambarchi y Miguel Prado, australiano de origen sefardí y coruñés respectivamente. Oren Ambarchi es un guitarrista y percusionista que comienza en la música a mediados de los ochenta y que lleva toda su carrera como músico y compositor trascendiendo la relación entre la música, el intérprete y el público, empujando los límites del sonido y de su discurso.

OMAR SOULEYMAN

14 de xullo, Vigo.

Omar Souleyman é un músico sirio que leva máis de 500 cassettes editadas no seu país e que só nos últimos anos se asoma ao circuíto occidental. A súa carreira comeza no 1994 mesturando diversos estilos nunha nova música festiva folk-pop coñecida como dabka que arrasa nos quioscos e gasolineiras do seu país e dos países veciños, visita habitualmente Arabia Saudí, Líbano ou os Emiratos Árabes Unidos.

Omar Souleyman es un músico sirio que lleva más de 500 cassettes editadas en su país y que sólo en los últimos años se asoma al circuito occidental. Su carrera comienza en el 1994 mezclando diversos estilos en una nueva música festiva folk-pop conocida como dabka que arrasa en los kioscos y gasolineras de su país y de los países vecinos, visita habitualmente Arabia Saudí, Líbano o los Emiratos Árabes Unidos.

PHILL NIBLOCK + KATHERINE LIBEROVSKAYA

17 de xullo, Vigo.

Nacido no 1933, Phill Niblock iniciou a súa carreira como cineasta da avant-garde neoiorquina dos anos sesenta, tamén como fotógrafo. O seu salto á música non se produce até finais desa década, se ben xa adicara parte dos seu traballos cinematográficos á música, filmando a músicos de jazz e facendo unha película abstracta centrada na figura de Sun Ra. A súa primeira composición é do ano 1968, e xa entra de cheo no minimalismo abstracto que caracterizará a súa carreira musical.

Nacido en el 1993, Phill Niblock inició su carrera como cineasta de la avant-garde neoyorquina de los años sesenta, también como fotógrafo. Su salto a la música no se produce hasta finales de esa década, si bien ya había dedicado parte de sus trabajos cinematográficos a la música, filmando a músicos de jazz y haciendo una película abstracta centrada en la figura de Sun Ra. Su primera composición es del año 1968, y ya entra de lleno e el minimalismo abstracto que caracterizará su carrera musical.

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal