Festival Sinsal 6 | Extensión Salón Teatro
venres, 7 de marzo do 2008, por Isaac Cordal.
categorías: Axenda


Baby Dee (EEUU)

Baby Dee é unha cantante inetiquetable, unha curiosidade no panorama musical actual; andróxina artista circense, cunha das voces máis fascinantes. Pero non é só a súa voz o que fai que Dee sexa tan peculiar. Ela ten un algo que logra que os corazóns ardan ao escoitar a súa voz, pero, á vez, é puro circo e diversión.

Acompañada dun arpa, un acordeón ou un piano, a ex membro dos primeiros Antony & The Johnsons, simplemente crea música para sobrevivir, sinceira e delicada.

Nacida en Cleveland, Ohio, en 1953, comezou tocando o piano. Directora musical e organista nunha igrexa católica do Bronx, liberábase tocando a arpa en Central Park.

Nos anos 90 triunfou cun papel no Coney Island Sideshow, imitando á súa adorada Shirley Temple e, sobre todo, subida nun curiosísimo triciclo con arpa integrada creado especialmente para ela polo artista George Bliss. Con este extravagante triciclo Baby Dee percorreu durante anos o baixo Manhattan, converténdose na raíña das súas rúas.

www.myspace.com/theonlybabydee


O Fillo Pausado (Galicia)

O fillo pausado é a arriscada e innovadora proposta do vigués Magú Castromil quen a finais dos anos 90 edita "Ele", un vinilo cheo de emocións, de letras abertas ás ideas do escoitador, abertas ás circunstancias do suxeito oínte. Nick Drake, LLuis Llach, Nick Cave, Pink Floyd… asómanse a este traballo que edita a través do selo
independente vigués Man Records.

Desde aquela, a edición dos seus discos está en mans de Javier Abreu a través de Ediciones Antropopmórficas. "Unidades", o seu último traballo no mercado, incorpora tamén a unha violinista: Eva.

Enviar comentario
Comentarios
9 de marzo do 2008 04:19, por antia

Sorte Magú!!!

Categorías
Isaac Cordal