13 de febreiro: Ryu Hankil, Miguel Prado e Roberto Mallo,Fundación Luis Seoane 21:30

21 de febreiro: John Tilbury,Fundación Luis Seoane 21:30

Ryu Hankil naceu en Seúl, Korea do Sul, en 1975. Tocou o teclado en dous famosos grupos
koreanos de pop independente pero ao cabo dun tempo deixou os grupos ao cansar do son e
forma de tocar esta música. Comezou enton un proxecto de electro pop en solitario, Daytripper, e
editou dous discos a solo. Despois de gravar Brownpaper, Hankil colaborou por primeira vez co
dúo de noise/improvisación koreano Astronoise. Ao mésmo tempo, acudiu a un concerto de
Otomo Yoshihide, Sachiko M, Axel Dörner e Taku Unami en Seúl. Cambiou de instrumento musical
e concentrouse máis e máis na música improvisada. Hankil organizou unha serie de concertos
mensuais chamada RELAY dende 2005. Estableceu o seu propio selo chamado Manual, que edita
música improvisada e revistas. Usa motores de reloxo como instrumentos e e está interesado en
atopar estructuras musicais na vibración dos obxectos. Enfoca o seu traballo arredor de noninstrumentos,
obxectos abandoados como vellos teléfonos e máquinas de escribir que funcionan
como un detournement desa Korea produtora insaciable de electrónica de consumo.
Traballar cos residuos do sistema como instrumento artístico e musical.
É membro do novo proxecto de Otomo Yoshihide FEN.

Miguel Prado (A Coruña, 1985) é un artista que traballa coa improvisación, o son e o silencio.
Trata de analizar as consecuencias sociais, culturais e políticas que se poden obter a través da
música experimental, a improvisación e a creación de situacións. Levar a cabo un proceso de
destrución dos roles que perpetúan a noción de espectáculo, que separan a espectador e artisa e
que alienan ao consumidor e produtor.
O seu traballo no está suxeito a dereitos de autor, abolir o copyright é o primeiro paso para evitar a
natureza seductora do capitalismo consumista.
Aínda que toca a guitarra de maneira autodidacta, non se reafirma como músico, sentirse
vinculado a un instrumento ou unha ferramenta en exclusiva é sentirse coartado pola forma na
que se veu tocando ese instrumento e elimina a liberdade de comunicación co espazo e co
contexto.

Roberto mallo (A Coruña, 1980) é un improvisador interesado nos procesos de realimentación,
que utiliza como peza principial nas súas actuacións. Se ben o seu principal instrumento hoxe en
día é o saxofón, está cada vez máis interesado nas posibilidades da electrónica: tanto con son
sintetizado por computador como a través da reapropiación de materiais da sociedade de
consumo para integralos como parte do círculo realimentador.
O seu traballo está dispoñible para libre intercambio e utilización, non protexido por ningún tipo de
dereitos de autor.

John Tilbury é un intérprete de piano e improvisador inglés. Formouse no Royal College of Music
de Londres con Arthur Alexander e, máis tarde, James Gibb. En Varsovia baixo a titoría de
Zbigniew Drzewiecki.

En 1969 gañou o primeiro premio no “International Gaudeamus Interpreters Competition” para
intérpretes de música contemporánea. Considerado unha lenda viva dentro deste campo,
traballou coas súas figuras máis importantes. Profundizou na obra de John Cage realizando
posiblemente a interpretación esencial das Sonatas & Interludes for Prepared Piano para o selo
Decca en 1975. Mantivo unha forte amizade co compositor e militante marxista inglés Cornelius
Cardew, participando xunto a él na Scratch Orchestra, seminal banda británica adicada á música
experimental, e interpretou moitas das súas obras. En 2008 editouse a extensa biografía
Cornelius Cardew – A Life Unfinished escrita por Tilbury.

É un intérpete destacable de Howard Skempton, Christian Wolff e sobre todo Morton Feldman. É
considerado como o intérprete clave para apreciar a música deste último. É tamén coñecido por
introducir a David Tudor dentro da vangarda europea e polas súas improvisacións con piano e
cordas como membro do grupo AMM, unha das bandas pioneiras da música experimental e
improvisada.

A proposta na que nos centramos aquí é a adaptación das obras de radio de Samuel Beckett.
Tilbury ven traballando dende hai anos na interpretación de varios dos seus poemas, mediante o
recital coa súa voz, a intervención co piano e a proxección da películla ...but the clouds... unha
obra de teatro que Beckett adaptou para televisión, de formato experimental na que intervén o
propio Tilbury.

Enviar comentario
Categorías
Alejandro Durán