Festival Zemos98
xoves, 7 de abril do 2011, por Isaac Cordal.

O festival Zemos98 arrincou o pasado día 5 ata o 9 de Abril a súa treceava edición.

Moitos dos eventos poden seguirse por streaming a través da Televisión Municipal de Sevilla, Giralda2.tv. Tamén acaban de subir on line a conferencia do pasado Martes de José Luis de Vicente, titulada “Las cosas no salieron como esperábamos”.


“Las cosas no salieron como esperábamos” narra, a través dunha conferencia experimental e en primeira persoa, unha viaxe por lugares que son o resultado de circunstancias improbables. Un paseo por ruínas do futuro, vacacións ballardianas, simulacións, antimonumentos e destinos de turismo hacker. Unha colección de postais para recordar un sentido do espazo que está en descomposición e para especular sobre o que virá despois.

Txt de Paco González sobre “Las cosas no salieron como esperábamos”

Consultar programación

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal