Final ArtEx Sonora 2010
martes, 27 de xullo do 2010, por Alejandro Durán.

Artex Sonoro 2010

-Xoves 29 xullo de 2010 MACUF (A Coruña)

Entrada Gratuíta

19:30 / Presentación ARTO ARTIAN (www.artoartian.org/)

ArtoArtian é unha plataforma con forma de catálogo que ten como obxectivo apoiar a quen operan no ámbito musical desde os pequenos selos e a autoprodución. O seu funcionamento é horizontal e participativo. Aposta sempre polo traballo artesanal, mantendose fóra da industria musical, as promotoras comerciais e as xestoras de dereitos de autor.

22:00/Actuación de TZESNE + PARALUX (www.seriesnegras.org www.myspace.com/seriesnegras)


<p<Tzesne é un dos veteranos da variada experimentación sonora no País Vasco. Ao longo destes anos traballa con texturas sonoras e gravacións de campo e vai emerxendo do seu traballo unha das características que acabará funcionando como signo de identidade, a consideración do son como forma poética e a súa representación gráfica.
Paralux xunto a Tzesne, recrea universos illados en que o ouvinte-espectador se introduce, sen talvez demasiada conciencia de que o espectáculo son eles/as mesmos, autores da súa silenciosa narración.


-Venres 30 de xullo de 2010 MACUF (A Coruña)

Entrada Gratuíta

21:00 / Actuación de SC NEWBIES LAPTOP ORCHESTRA

(http://www.artexsonora.org/?17-24-Julio-Taller-de)

Improvisación dos alumnos do taller de super collider

21:45/JOAQUÍN LANA (http://unamalapersona.wordpress.com/)

ASCESIS: 1. f. Reglas y prácticas encaminadas a la liberación del espíritu y el logro de la virtud.

http://es.wikisource.org/wiki/Franceses,_un_esfuerzo_m%C3%A1s_si_quereis_ser_republicanos

+ info

www.artexsonora.org

Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa

Avenida de Arteixo 171, (A Grela Grela-Bens)

<p<A Coruña

Aparcadoiro gratuíto. Autobús urbano nº 11

.