Flocos, o cineclube galego
domingo, 15 de febreiro do 2009, por Berio Molina.

De tanto navegar pola web, rematas collendolle certa repulsa pola monotonía e o aburrimento que supón ir sempre aos mesmos lugares, recoller sempre a mesma información ou ler e escribir sempre os mesmos comentarios.

Pero hai momentos nos que nese navegar autista á deriva te atopas cun lugar que te espabila o suficiente como para facerte quedarte ahí por máis de dous minutos e disfrutar do que estás vendo.

Ese é o efecto que produce Flocos, o cineclube online do audiovisual galego.

Flocos é un proxecto da Axencia Audiovisual Galega feito e ideado pola Navalla Suíza, e cabe darlle a noraboa aos dous, aos primeiros por xestionar e encargar o proxecto á xente adecuada e sentir que por unha vez as entidades públicas serven a intereses públicos, e aos segundos por idear un proxecto
tan bo, accesible e necesario cunha ética e mentalidade acorde aos tempos que corren.

Visitade Flocos e poderedes consultar e ver na súa totalidade obras de creación do audiovisual galego, obras experimentais e videocreacións históricas e actuais, curtas de animación, ficción, documentais e información sobre ciclos e eventos relacionados co audiovisual.

Flocos, un lugar de consulta e disfrute do audiovisual galego.
Noraboa a todos!

Flocos, o cineclube galego
Enviar comentario
Categorías
Berio Molina