Foliada Redondela
xoves, 10 de setembro do 2009, por Tasha.

11 - 12 - 13 setembro

Esta semana en Redondela terá lugar a celebración da Foliada 2009, un intercambio entre galegas e cataláns de Nou Barris que xa leva 4 anos realizándose. O ano pasado tivera lugar en Barcelona
Virán dende Barcelona máis de 200 cataláns, entre elas xente de Can Masdeu, Bicios@s e outros colectivos.
Haberá concertos, obradoiros, un roteiro,...

Programa adxunto.

JPEG - 630.5 KB

Comunicación da Plataforma Cidadá de Redondela ó respecto:

A Plataforma Cidadá de Redondela, valorou, positiva a proposta de organizar conxuntamente con outros colectivos redondeláns, galegos e cataláns, o festival, aportando a nosa experiencia reivindicativa, considerando o festival coma unha oportunidade de dar a coñecer a problematica da autovía de Redondela, a plataforma e de colaborar con outros colectivos, nalgúns casos non tan reivindicativos ou sensibilizados na nosa causa común.

A Plataforma de Redondela, membra da Rede a Ría Non se Vende, ten especial interese en que o cada membr@, de cada colectivo, que forma parte da Rede, nos acompañedes na actividade que organizamos para o *sábado, 12 de setembro*, consistente nun *Roteiro *por parte do monte afectado, pola posible construcción dunha enlace (alternativa 5) da futura A-57, co aeroporto de Peinador, ao seu paso polos montes das parroquias redondeláns
de Reboreda e Ventosela. Para o Roteiro, temos previsto empregar o transporte público, (autobús), que nos deixaría no principio do roteiro (no monte de Amoedo). A *saída do autobús*, estableceuse, *ás 11:00* hs. (pregase puntualidade), dende o recheo da Xunqueira (*frente á depuradora de Redondela*-Aqualia, Avda. de Mendiño, Redondela).

Esta actividade que organiza a Plataforma, está incluida dentro do progama do *Festival Foliada Redondela 09*, que estamos organizando entre distintos e variopintos colectivos redondeláns. O Festival está financiado, en parte,
polo Concello de Redondela, que amosou aos colectivos participantes (que nos apoian incondicionalmente) a súa discrepancia en financiar actividades das que formara parte a Plataforma, por eso na Plataforma pretendemos
que a participación máxiva no roteiro, unha proba de demostración ante os poderes públicos do apoio cidadán á Plataforma, e que segue, ben viva, a oposición a este proxecto que fulminaría gran parte do medio rural, paisaxístico, e pulmón forestal redondelán (a Autovía).

http://plataformaredondela.blogsome.com/

Enviar comentario
Comentarios
15 de setembro do 2009 07:17, por Lía

Aterricei nesta foliada fantástica apenas sen decatarme... e só teño que dicir "¡Lume, árdelle ó eixe!". Ole ós concertiños e danzas varias deste lugar.

Lástima que só cheguei a esta parte...¿que tal as actividades do día-tarde?

Arrumacos!

Categorías
Tasha