Fonografía e arte sonora. (Obradoiro - Concerto)
Carlos Suárez

Sábados 13 de marzo de 2010
Museo Verbum de Vigo, Avda de Samil Nº 17.
Horario: de 10.00 a 19.00 horas
Prezo: entrada gratuíta

Apuntate enviando un mail a carlossuarez1966@gmail.com

Taller teórico/práctico, no que se exploran algunhas técnicas de composición electroacústicas que toman como punto de partida a gravación do son.

Dirixido a artistas sonoros, compositores, intérpretes, profesionais da gravación e todas aquelas persoas interesadas en rexistrar e traballar creativamente co son.
A parte teórica, introduce aos seus participantes na creación musical desde varios puntos de vista; paisaxes e obxectos sonoros, bioacústica, etnomusicología, entre outros. Tamén se analizará un amplo número gravacións de campo e exemplos musicais, contrapóndoos coas obras onde estes rexistros fonográficos foron transformados e utilizados como materia prima. Así mesmo, estudaranse fenómenos psicoacústicos e técnicas de gravación en campo con diferentes ferramentas tecnolóxicas.

Na parte práctica, realizaranse exercicios de escoita profunda e gravacións na contorna próxima do taller. Tamén se estudarán algunhas técnicas utilizadas no procesamiento informático dos sons utilizando diversos software, e construiranse micrófonos de contacto para rexistrar as resonancias internas de diversos obxectos que serán preparados para tal fin.
Finalmente, os participantes procesarán os sons gravados aplicando as técnicas estudadas, e utilizaranos como materia prima na composición dunha obra curta que poderá ser estreada ao concluír o taller.

Temática do taller.

Bloque 1. (1 hora)

1.- Composición e etnomusicología. "As infinitas vangardas da diversidade"
2.- Paisaxe sonora. "A influencia inevitable da contorna sonora"
3.- Proxecto fonotopías de Galicia. "Os sons en perigo de extinción"
4.- Audicións. "Paisaxes sonoras de Venezuela e Galicia, etnomúsica e electroacústica"

Bloque 2. (1 hora)

1.- Fenómenos psicoacústicos e audio. "Percepción acústica, enmascaramiento, bits, etc"
2.- Tipos de gravadores. "Analóxicos e dixitais"
3.- Tipos de transductores acústicos. "Micrófonos, geófonos, hidrófonos, acelerómetros"
4.- Técnicas de gravación en campo. "Escoita profunda, percepción e a caza do son"

Bloque 3. (1 hora)

2.- Construción e experimentos con piezoeléctricos. "Os obxectos e as súas resonancias internas"
3.- Gravacións de campo. "Gravacións de paisaxes sonoras e microsonidos"

Bloque 4. (2 horas)

4.- Procesamiento informático dos sons. "Tallando o son"
5.- Técnicas de composición. "Da música concreta ás infinitas posibilidades do sampler"

Enviar comentario