Fran Herbello. Mal de corpo. Entrevista.
martes, 1 de marzo do 2005, por isaac-cordal.

Fran Herbello (1977, Menziken, Suiza). Fillo de emigrantes galegos. O Mércores día 2 de Marzo presenta na Sala Torrente Ballester de Santiago de Compostela a súa nova serie de fotografías Mal de corpo (20 h.). É un dos artistas galegos máis incisivos. Escultor do corpo. Fixo unha primeira serie chamada A imaxe e Semellanza. Converténdose nun referente da nova xeración de artistas galegos. Aproveitando que estudiamos xuntos na facultade falamos un pouco. "A través do corpo tentamos acadar a eternidade e escapar ó medo a morte, unha eternidade celestial alienando o corpo na relixión, con penitencia, mortificacións .... ou unha eternidade terreal alineando o cuerpo nos ximnasios das cidades, con dietas, ciruxia, cosméticos...".

A emigración en Galicia podería ser xa un xénero literario. Bénvido de volta. ¿Qué tal o reencontro?.
Bueno a verdade que estou un pouco descolocado, para min todo é diferente, e
iso que sólo me fun un ano,. De todos modos, está moi ben eso de largarse
unha temporada, para ver outras cousas, para madurar... xa que non hai mili
(é broma)

Comentanos un pouco a nova exposición que presentas na Sala Torrente Ballester en Compostela.
A exposición resultou de tirar do fio do primeiro traballo A imaxe e
Semellanza, formalmente é moi similar a primeira pero hai dous temas que xa
toquei no primeiro traballo e nos que agora me paro. A relixión e o culto ó
corpo actual, creo que hai certo paralelismo entre eles, un punto en común,
son dous medios de enfrentarse o desacougo que produce saber que nos
morremos. A través do corpo tentamos acadar a eternidade e escapar ó medo a
morte, unha eternidade celestial alienando o corpo na relixión, con
penitencia, mortificacións .... ou unha eternidade terreal alineando o
cuerpo nos ximnasios das cidades, con dietas, ciruxia, cosméticos...

A túa proposta parte dun proceso escultórico. ¿Cando comeza a fotografía e remata a escultura na túa obra?.
Creo que comenza cando disparo, ainda que non estou seguro porque moitas das
imaxes as penso como imaxe fotográfica, sabendo mais ou menos como se vai
comportar despois o que retrato como imaxe. Non sei, os límites son
borrosos.

Digamos que no teu caso é unha experimentación física co corpo. Os
infinitivos do software, ferramentas xa cotidianas como cortar, pegar e
copiar ti as asumes fisicamente. Sen trucos. Cómo é a relación cos teus
modelos.

A relación e familiar ou de amistad, ¡quen ia ter tanta paciencia de non ser
así para aturarme¡

Teño enquistada na retina certas obras túas lonxe do blanco e negro impreso. Obras sorprendentes. Non votas de menos que se coñeza esa outra cara de Fran Herbello.
A verdade que as veces cánsome de facer fotos e voto de menos facer outras
cousas, pero tamen creo que si non chegase a insistir na foto o traballo
quedaria a medias. Despois de esta serie “mal de corpo” (asi e como a chamei) debería plantexarme que é o que me gustaría seguir facendo.

O Arte en Galicia. Carrera de resistencia ou de velocidade. ¿Quén reparte os
dorsáis?.

Xogo de Azar, que compra mais boletos, máis opcións, pero todos estamos no
bombo.

Cal é a sensación que tes despois dunha exposición. Compensa o traballo. No caso do músico: aplausos. No teu caso, ¿ventas?. ¿cal é o báremo de recoñecemento?.
É unha sensación similar a que sentín na proba de selectividade, gústame
que o traballo se vexa pero as exposicións roenme o estómago. As recompensas
dependen do momento, as veces cando non tes un can agradeces vender e outras
cando pensas que estas facendo merda agradeces unha persoa que che diga que
lle gusta o que fas, depende do momento. O traballo a min compensame o que
non me compesa e o que gano con el.

Proxectos futuros.
No aire, non sei, de momento a esperar que pasa con esta serie e a ver , a ver.

Fran, moita sorte e apertas dende Alg-a. Para o que queiras aquí estamos!
Isaac Cordal.

Enviar comentario
Comentarios
10 de decembro do 2007 05:16, por Milady Renoir

Dear People, I am trying to get in touch with the artist, Fran herbello for a publication. Should you be so kind to advise him of my request, I should be most grateful.
thanks in advance.

Best regards

Milady Renoir

.