Á parella Arduíno + Processing, que leva revolucionando o mundo da creación e os media dende hai uns anos, simplemente por facer accesibles ferramentas que se escaban ao alcance da xente normal, vén a sumarse unha nova feramenta para completar un trio que pode cerrar o proceso do "faino ti mesmo" no mundo da creación e os media.
Esta ferramenta que aínda se atopa en fase Alpha, chámase Fritzing.
Fritzing é un software que facilita o paso dende o prototipado físico ao producto final. O que vén a decir que con Fritzing poderemos deseñar o circuito que anteriormente probaramos nunha protoboard, para crear unha placa lista para fabricar a PCB (Printed Circuit Board).
Fritzing comezou a desenvolverse en agosto do 2007 no Interaction Design Lab na University of Applied Sciences Postdam, en Alemaña. É un proxecto iniciado polo profesor Reto Wettach, André Knörig, Zach Eveland, Jonathan Cohen e Dirk van Oosterbosch.