Presentación de Fur Alle Falle, 10 de Novembro as 20:30 en NORMAL.
Iñaki López e Vanesa Castro son unha parella de axitadores culturais que exercen a súa actividade co obxectivo de provocar cambios, coa idea de dinamizar un tecido sociocultural e favorecer unha cidadanía activa capaz de emprender e apreciar proxectos culturais.
Realizan proxectos de diversa índole, centrados tanto na produción de obra analóxica ou dixital coma na de eventos ou happenings. Como artistas “multimerdas” desenvolven pezas audiovisuais, e como axitadores serven de catalizadores para proxectos e eventos que terminan saíndo das súas mans para ser reformulados por outros. Funcionando así como nexo e motor inicial de redes de traballo, propiciando a participación doutros actores no proceso creativo. Entre os seus recursos destacan a busca dos límites e o seu hackeo e o emprego do humor como forma de traspasar eses límites.
Desde 2003 sobreviven traballando tanto en producións propias como colaborando en diversos proxectos baseados na autoxestión e o intercambio. Tamén colaboran con institucións e entidades de todo tipo para completar o financiamento e a xestión.
En Normal farán unha presentación da súa produtora "Fur Alle Falle":http://www.furallefalle.com/ , amosando algúns proxectos acompañados de documentación audiovisual.
NORMAL
Paseo de Ronda 47, 15011 A Coruña
www.istoenormal.org