Future of sound
martes, 5 de maio do 2009, por isaac-cordal.

Chorus é a última instalación de United Visual Artist, UVA realizada para celebrar a reapertura de Howard Assembly Room en Leeds, Inglaterra. Esta instalación consiste en tres péndulos xigantescos colgados do teito que crean son e luz mentres se moven dun lado a outro. Destacar o son realizado por Mira Calix. Deste traballo fixeron unha presentación en vídeo na pequena charla da súa participación en Future of sound que tivo lugar en Goldsmiths University of London o pasado 24 de Marzo. A instalación ten o seu encanto, sobre todo sonoro, e tamén destacaría a complexidade da montaxe, a súa estructura e funcionamento.


United visual artist.



Chorus

No mesmo evento de Future of sound tamén
déronse cita, entre outros, Scanner e Sophie Clements para presentar o proxecto conxunto Of air and ear feito 2008. Destacaría o traballo de vídeo de Sophie chamado Evensong, no que Scanner colabora no audio, creáse unha interesante mestura de efectos visuais realizados in situ dunha forma rudimentaria pero cuxo resultado final é propio dun traballo de postproducción. Podes ver o vídeo aquí.


Scanner e Sophie Clements.

Tamén destacaría a conferencia e posterior performance do artista e compositor sonoro Andrey Smirnov, director do Theremin Centre for Electroacoustic Music de Moscova. A súa charla centrouse na cultura rusa entre 1910 e 1920, en concreto traballos sonoros a partir de imaxes, inventores de instrumentos, etc. no que é o seu proxecto de recuperación histórica da cultura artística censurada a partir de 1930. Lendo a súa web interpreto que este proxecto leva por nome Generation z.


Andrey Smirnov.

.