G20 meltdown. Londres.
mércores, 1 de abril do 2009, por isaac-cordal.

Como xa sabedes esta semana o G20 reúnese en Londres para debater moitos dos problemas globais que aféctannos directamente. Aquí pódese ler o borrador do comunicado do G20. Hoxe, mércores 1 de Abril, foi o segundo día de mobilizacións cidadás para protestar por todo tipo de problemas relativos á economía, as guerras, a pobreza, a ecoloxía, etc. coa crisis económica mundial como protagonista. Organizacións de todo tipo sumáronse ás protestas. O pasado Sábado 28 de Marzo houbo o preludio das movilizacións cunha manifestación enorme convocada por Put people first. O ambiente foi totalmente festivo e a xente mantívose en Hyde Park ao final da manifestación a pesar do tremendo chaparon e frío desa tarde.





Hoxe Mércores retomáronse as protestas en diferentes puntos da cidade. Pódense ver aquí tódolos actos convocados. Eu decidín sumarme á convocatoria G20 Meltdown ’Banquet at The Bank’ Financial Fools Street Party que chamaba á participación nunha concentración diante do Banco de Inglaterra. A parada do metro estaba pechada e tódalas rúas adxacentes estaban acordoadas por un gran número de policías. O dispositivo de seguridade do G20 en Londres custou nin máis nin menos que 7,5 millóns de libras.











Esta semana aquí rumoreouse moito sobre unha posible xornada violenta e respirábase unha certa tensión no ambiente. Os acontecementos, con todo, creo que foron bastante festivos e a xente manifestouse facendo uso da creatividade, o sarcasmo e bo humor. Obviamente tamén houbo, e quizais é ata un requisito para as portadas dos telexornais e porque non dicilo, para que tomen en serio as protestas, doses de violencia. Unha cousa que chocoume bastante é que unha vez que entrabas na zona de Bank non podías saír ata que rematase o acto, isto provocou momentos moi tensos entre manifestantes e a policía. Creo que pretenderon en todo momento ter a manifestación controlada nese recinto xa que houbo un intento de marcha e cortaron aos manifestantes en dous grupos.




Outro punto de protesta é preto de Liverpool street, alí estableceuse ClimateCamp, que é un campamento de tendas de campaña no medio da estrada e unha chea de xente disposta a pasar a noite alí. Esta acción durará 24 h. e provocou que todo o que é a City de Londres este cortado ao tráfico. O ambiente era estupendo, moi ben organizado e coordinado, e a verdade que era bastante emocionante ver a toda esa xente alí.

Ver vídeo na BBC

Intermon Oxfam invitou a participar a 50 bloggers de todo o mundo. en G20 Voice, unha iniciativa de varias ONG para acreditar como xornalistas aos bloggers no cume do G20. Un dos blogs invitado é o de Ignacio Escolar así que podedes seguir o cume e as súas opinións na súa web.

.