Esta nova referencia na alg-galería logra perfilarse coma un proxecto a seguir dentro do panorama pictórico galego grazas á contundencia das súas imaxes.
O colectivo ANKE descólgase pola tanxente coa súa primeira serie de mini cadros, pasados de membro a membro e engraxados cos humores subrepticios dun entorno pastoril viciado pola necesidade de cubrir superficies, crear personaxes e vomitar circunstanciais atendendo ás limitacións de tempo e ó enchoupamento previo dun adversario confundido entre o compañeiro de mesa e o propio suco. Deleítense, estranense, imaxinen e maldigan estas dezaseis consecuencias dun común dubidudubidar...
Dende alg-a animamos a tod@s a que expoñades individualmente ou como colectivo na galería!
Poi si que parece un proxecto a seguir...
Moi interesante. Parabéns!