Botade unha visual a esta exposición que nos deixa Silvi na que ilustra dun xeito casi salvaxe as situacións cotians que ven reflexando no seu fotolog.
Aquí deixamos o seu texto introductorio:
"Esta serie de debuxos “Diario demente” surxe da necesidade de sacar pra fóra todo o que non se pode expresar doutro xeito. As emocións, pulsións e impresión do que pasa polas miñas entrañas e polas rúas que me rodean.
Poderíase ver coma un diario no que día a día vánse anotando as experiencias máis salientables. Algunhas son máis como viñetas ou historietas de situacións rocambolescas que me pasaron a min ou a outros. Tamén hai muitos autoretratos dalgúns estados polos que fun pasando, crisis, enfermedades, idas de olla e de todo un pouco.
Así que vos podedes meter un pouquiño na miña pel e nas miñas tolerías a través destes trozos de papel."
Silvia Sánchez.