GALIZA NON SE VENDE MANIFESTACIÓN.
domingo, 3 de febreiro do 2008, por Isaac Cordal.
categorías: Acción Social

Quedamos só nós, as cidadás e os
cidadáns, para defender unha vez máis esta
Terra da desfeita programada

Temos que recuperar o espírito das vellas xestas para amosar que aínda mantemos intacta a dignidade de pobo que non quere morrer.

Hoxe, máis que nunca, Galiza precisa de ti,
da túa voz e da túa forza

Xuntos e firmes estaremos o 17 de febreiro en Compostela para defender a nosa paisaxe, a nosa natureza, a nosa identidade e a nosa forma de vida. Xuntos e firmes, baixo o sol ou baixo a chuvia, será un domingo radiante de esperanza para a terra dos nosos pais e dos nosos fillos, para a vida futura e, por que non dicilo tamén, para o noso ameazado planeta.

O 17 DE FEBREIRO ESTAREMOS EN COMPOSTELA

GALIZA NON SE VENDE

Manifesto

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal