[Gal015] Escif. Arround the wall.
luns, 14 de decembro do 2009, por isaac-cordal.

Publicamos na galería Alg-a unha recopilación de traballos feitos polo artista valenciano Escif baixo o título Around the wall. Escif é un street artist cun estilo moi persoal que utiliza os muros en ruínas como soporte pictórico para expresar o seu propio universo simbólico desde un punto de vista social e crítico.

Gal016.Escif Arround the wall

Trato de enfocar o meu traballo ao redor de conceptos, non só de formas. Trato de atopar o meu estilo, como as consecuencias das miñas propias ideas.
Entendo a pintura como un exercicio de reflexión que se pode compartir coa xente.
Non estou buscando pinturas decorativas, trato de espertar a mente dos espectadores.

Estracto da entrevista publicada en Unurth.

O seu flirck resúltame especialmente interesante xa que engade títulos ás súas intervencións a modo de reflexión e intencións.

Sobre o street art en Valencia hai un libro moi interesante chamado Textura: Valencia Street Art.

Agradecerlle a Escif a súa colaboración con Alg-a.org e desde aquí desexarlle o mellor.

[Gal015] Escif. Arround the wall.
Enviar comentario
Comentarios
16 de decembro do 2009 11:33, por mdmme

Moi bós, noraboa Escif !!
oes xenial que siga a galería en activo, thanks is;)
molaría seguir tirando desta street-liña un bocado, que non?
chaos!

17 de decembro do 2009 11:13, por Antia

parabéns pola publicación, interesantes obras.
Alégrome que a galería siga en forma!
Saudos Is.