Publicamos na galería alg-a unha serie de traballos de Good Wives And Warriors.
GWAW é o nome baixo o que colaboran Becky Bolton e Chappell Louise, que se coñeceron mentres estudaban na Escola de Arte de Glasgow. Xuntas crean estrañas e barrocas ilustracións, pintadas directamente sobre grandes superficies na parede e en obxectos. Algunhas das súas ilustracións son moi orgánicas, con moita similitude a organismos subacuáticos!.
[Gal016] Good wives and warriors. Visitar a galería de imaxes.
Participaron en exposicións en Europa, EE.UU., Sudamérica e Australia, e seguen traballando nas ilustracións utilizando un enfoque experimental de colaboración. Nestes momentos residen en Londres, Reino Unido.
Máis info na súa web: http://www.goodwivesandwarriors.co.uk
Mail: hello at goodwivesandwarriors dot co dot uk
Os nosos traballos desenvólvense xeralmente dunha obsesión ou idea sobre un punto de referencia histórico, científico ou tecnolóxico para crear pinturas murais a gran escala e proxectos de debuxo. Logo dun período de investigación, traballamos a partir de imaxes atopadas que van desde formas orgánicas, estruturas naturais complexas, formas matemáticas e a imaxinería científica. As pinturas murais son meticulosamente creadas directamente sobre a parede na que adoitamos traballar con pintura negra sobre unha superficie branca. A colaboración é un elemento crave no noso proceso. Encadeamos imaxes xuntas e desenvolvemos un impulso reaccionario a unha ás ideas da outra, creando unha colaboración espontánea. As pinturas evolucionan a partir dunha obsesión e fascinación compartida por un tema e un combinado pracer na procura e interpretación das imaxes atopadas.