Galegos na Diáspora. Delmi Alvarez.
luns, 18 de xaneiro do 2010, por Isaac Cordal.
categorías: Historia, Xente, Fotografía

Delmi Alvarez é un fotógrafo xornalista que dende 1989 retrata a diáspora galega expandida polo mundo. Realizou documentais sobre este tema como "Os Galegos da Guaiana Venezolana: A terra onde nin o demo chegou" emitido onte na TVG.

Outros documentais, Galegos na Diaspora 1989-2005, O rei galego de Africa (2008) e Galegos na Diaspora 1989-2005 pódense ver aquí on line.

Porfolio

http://www.delmialvarez.com/

Galegos na Diáspora é un proxecto fotodocumetalista de autor, levado a cabo entre os anos 1989 e 2008 polo fotoxornalista Delmi Álvarez (Vigo, Galicia, 1958) arredor do mundo, seguindo as rutas de milleiros de galegos emigrantes. Con concepto de autor, mesmo crónicas de viaxes, Delmi Álvarez ten fotografado as comunidades de galegos nos seus respectivos lugares de residencia e traballo, dende a vella Europa até as Antípodas, "...pasando por Compostela" como a él lle gusta engadir.
Europa, As Américas, Asia-Oceanía e África son os continentes donde atopou galegos. En outubro de 2005 Caixanova, patrocinou en Vigo unha gran exposición cunha colleita de 85 fotografías que máis tarde estivo itinerante por Galiza. O desexo do autor e que viaxe polas máis importantes cidades españolas e aquelas comunidades de galegos no mundo. Paralelamente coa exposición o fotoxornalista impartirá workshops abertos a interesados na fotografía ou nas viaxes. Hai un libro en proxecto con textos das viaxes e os enconttros. "Valentin Paz Andrade, foi un dos galeguistas na emigración que máis infuiron no meu proxecto, o mesmo que Carlos Casares eterno viaxeiro, ou o escritor e profesor Xesús Alonso Montero, e sobre todo a miña avóa Rosalía viaxeira incansable que me fixo soñar con tantas aventuras de Cuba...".

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal