Gañadoras da 2ª edición do certame "100% Algodón"
martes, 3 de xullo do 2007, por Antía .
categorías: Convocatorias

O colectivo Arela non para, nesta ocasión xa co segundo certame de "100% Algodón", este colectivo é responsable do Festival de Cans e doutras iniciativas máis modestas, como a Faroolimpiada e o festival de danzas na rúa Danzarela.

O xurado do concurso reuniuse este venres e escolleu como gañadora a camiseta "Eva Xoaniña", presentada por Rebeca Rodríguez González, de Vigo. Como segunda mellor proposta elixiu "O botón da risa", da luguesa Marta Salgado Iglesias.
O xurado estivo formado polos deseñadores Eliseo Álvarez, Bugui García e Begoña Rodríguez, e pola xornalista Teresa Barberena. En total presentáronse 29 camisetas, dos máis variados estilos e técnicas.
As camisetas están expostas ata o 24 de xullo de 2007 na sala de exposicións do Centro Cultural Municipal do Porriño. E tamén as poderedes ver neste blog, onde as iran subindo ao longo deste mes.

Enviar comentario
Categorías
Antía