Genuino Banksy
luns, 29 de setembro do 2008, por Isaac Cordal.

Nestes días houbo unha polémica enorme pola venda de obras do coñecido artista de street art Banksy. A venda de obras que pertencen a outros artistas urbans e que o mercado da arte, cego polos díxitos e a popularidade en alza do artista, tratan de vender a pesar de que o propio artista xa recoñeceu que non son obra súa. Cinco obras vendéronse polo valor de £250,000. En xaneiro de 2008, creouse un corpo chamado Pest Control que rastrea o que o mercado adxudica como obra de Banksy co obxetivo de verificalo, co que podes saber se o muro que tes o lado da casa vale unha fortuna ou non. O resultado, 89 pezas e 137 plantillas non foron feitas por Banksy .

Nese sentido iniciativas particulares puxeron a venda en ebay un mural por £208,100, e é así como a xente comeza a arrincar as paredes. Lyon & Turnll, unha especie de Hipermercado da Arte, trataba de vender Refuse rat e Fungle Junk, que o artista non recoñece como un traballo seu, partindo de 20,000 e 150,000 libras respectivamente. Nese sentido Ben Hanly, representante do super dixo: Sería unha tolemia absoluta para nós vender calquera cousa que non sexa auténtico. Pero se o mercado esta de acordo connosco, imos ver.

En UK hai 4.200.000 cámaras de CCTV, unha por cada catorce habitantes e teñen operativas o 20% das cámaras instaladas no mundo. O concello de Londres ameaza con borrar todas as pintadas de street art, incluídas as de Banksy, e en Bristol, cidade natal do artista, pouco menos que as custodian.

O traballo de Banksy xa non só atravesou os muros das galerías de Arte, burlou a seguridade e colección privada dos museos máis importantes, senón que o que palpamos con este contratempo irracional do mercado, é que obviamente o street art é máis amplo que os límites de calquera galería e enmarcalo, converténdoo en tan só un produto, é un proceso estúpido. Banksy, irreverente en moitas das súas composicións e accións, noquea deste xeito a racionalidade dun mercado da Arte e pon en dúbida a importancia que mostran da Arte os seus xestores comerciais. Dálles igual se é de Banksy ou non, é rentable e punto.

E entre tanto, Banksy e outros artistas participan en Santasghetto

Genuino Banksy
Enviar comentario
Comentarios
30 de setembro do 2008 06:54, por Berio

Moi bo artigo Isaac!

Un claro exemplo da hipocresía da arte (conteporánea), e da súa vulnerabilidade ante o mercado, e dos seus continuos vacíos legais e éticos.

1 de outubro do 2008 03:13, por alba

Interesantísimo!

26 de maio do 2010 02:28, por Durán Vázquez

Buen día.

Este artículo apareció hoy mismo, 26 de mayo de 2010:

http://rebelion.org/noticia.php?id=106589

Categorías
Isaac Cordal