Github. A rede social entorno ao código
venres, 26 de setembro do 2008, por Berio Molina.

Github é unha rede social orientada a escritores de código. Un lugar donde a non só a xente pode mostrar e compartir os seus códigos, senón temén un sitio donde se poden modificar os códigos dos demáis e traballar conxuntamente en proxectos.

Segundo eles din, Github é unha aplicación web baseada en Git e xerando unha "social code hosting". Esta ferramente serve para compartir código de forma privada ou pública, seguir as contribuccións (commits) vía rss, ver todas as revisións feitas nos códigos, y visualizar as colaboracións da xente da rede social Github.
Algo así como un subversion en plan rede social.

Eu xa creei unha conta, donde porei códigos en puredata, processing, openframeworks, etc...

Vémonos no Github

Github. A rede social entorno ao código
Enviar comentario
Categorías
Berio Molina