Goteo, proxetos co ADN aberto
xoves, 10 de novembro do 2011, por Isaac Cordal.

Financiamento colectivo colaboración distribuída

Goteo é unha rede social de financiamento colectivo (achegas monetarias) e colaboración distribuída (servizos, infraestruturas, microtareas e outros recursos) desde a que impulsar o desenvolvemento autónomo de iniciativas, creativas e innovadoras, que contribúan ao desenvolvemento do procomún, o coñecemento libre e/ou o código aberto.

Unha plataforma para o investimento de "capital riego", en proxectos cuxos fins sexan de carácter social, cultural, científico, educativo, tecnolóxico ou ecolóxico, que xeren novas oportunidades para a mellora constante da sociedade e o enriquecemento dos bens e recursos comúns.

Máis info

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal