O artista chino Guo-Qiang é considerado coma un dos grandes artistas contemporáneos, e coincidencia ou non nun momento no que China se revela como futura potencia, o Museo Guggenheim de Nova York expón unha retrospectiva do seu traballo baixo o título I Want to Belive.
A mostra recolle diferentes pezas realizadas polo artista dende a década dos 80 ata os nosos días, podendose aprezar en todas elas a sua fascinación polo oculto e o espiritual con referencias o feng shui , o folklore, os mitos e os contos de fadas ; asi como a tópicos asociados co big bang ou a apocalipse nuclear.
O mais impactante de toda a mostra é a instalación proposta para o patio central do museo, do cal penduran nove coches atravesados por leds de cores que simulan estar estalando e que podedes ver aqui.