O conto é de cando fun anovar o Documento Nacional de Identidade, como sabedes agora isto faise nas oficinas EL CORTE INGLÉS, do Estado.
A cousa seica vai en función do que un consuma. O sexo, por exemplo, tírano de se mercas na planta “mujer” ou na “hombre”, e así con todo. Só tés que deixar a copia da factura cando rematas, con isto obteñen todos os teus caracteres identitarios, “valido hasta: su próxima compra”.
Eu non mudara o antigo D.N.I. español polo ianqui e andaba co medo no corpo por se os corpos ANTI-RIOT do noso novo Gran Estado fosen a pensar que a miña condición de “sin-papeles” derivaba da condición de non-consumidor, estipulada no Artigo 1 da Constitución Global.
Entrei no EL CORTE INGLÉS d’A Coruña. Fun abordado ao instante:
Sra. Funcionaria Ultraespecializada Precaria – Bienvenido, ¿que desea?
– Verá, eu quería… resistir.
Ola Ramón,
dende Alg-a dámoste tamén a benvida. Por suposto que caben propostas como a túa (é máis, gustarianos que nos chegaran en maior cantidade, para diversificar un pouco), así que ánimo e nos vemos por estes regos.
Roi
PD: xa dicía eu que o aire acondicionado do Corte Inglés tiña algún compoñente opiáceo...