Hektor. O aerosol inquieto.
mércores, 4 de xullo do 2007, por Isaac Cordal.
categorías: Creacións

Hektor é un dispositivo portátil que une un aerosol de pintura cun ordenador. Vectoriza soportes físicos e converte o trazo que supoñemos a man alzada nun novo rexistro: mestura de execución perfecta e trazo rudimentario. Hektor foi creado mediante a colaboración entre o enxeñeiro Uli Franke para o proxecto do diplomatura de Jürg Lehni na escola de Arte de Lausanne no 2002.

Hektor consiste en dous motores, correas, poleas, aerosol, software e hardware. O software de Hektor baséase en Scriptographer.

Para unha documentación detallada do proxecto, o desenvolvemento, as primeiras probas e os usos, descargar Hektor.pdf (MB 4.5).

Colaboración Laurenz Brunner/Jürg Lehni: Debuxos de Hektor (pdf) na galería Riviera en Williamsburg, Nova York.

Ver videos

Via: generator.x

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal