Esta tarde ás 20:00 no primeiro andar do Marco inaugúrase a exposición "Pintura mutante" comisariada por Ignacio Pérez-Jofre Santesmases. Esta mostra de 16 artistas reúne preto de 60 obras entre as que se inclúen pinturas, debuxos e instalacións, coa utilización das máis variadas técnicas pictóricas.
Faranse actividades complementarias como cursos para nenos achegando a visión contamporanea sobre a pintura, talleres de artistas ‘DIN MATAMORO. Cores, latexos e taquicardias’ e unha exposición bibliográfica titulada: ‘MUTANTES NA BIBLIOTECA’.
Datas da exposición:29 setembro 2006 – 7 xaneiro 2007